prisión
(
- [DER]
-
[DER]
-
s
f
Pena de privación de liberdade por un tempo determinado. Distínguese a prisión maior, que comprende de seis anos e un día a doce anos, e a prisión menor, desde os seis meses e un día aos seis anos. Ambas as dúas son penas graves e cúmpresen segundo un sistema progresivo, cos graos máximo, medio e mínimo, segundo a gravidade do delito cometido.
-
prisión preventiva
Privación de liberdade do procesado, sen carácter de pena, durante a tramitación da causa. Nun estado de dereito, ningún cidadán pode ser preso senón en virtude dun mandato xudicial. Só pode decretala o xuíz de instrución, e cómpre que conste na causa a existencia dun feito que presente as características de delito, que o xuíz instrutor estime necesaria a prisión preventiva, e que na causa aparezan motivos suficientes para crer responsable criminalmente do delito a persoa contra a que se ha ditar o acto de aprisionamento.
-
s
f
Refráns
- Cárceres e camiños fan moitos amigos.
- O cárcere e a Coresma para os pobres se fixeron.
- Ó carcere nin por lurne.
- O cárcere non come os homes.
- Preso, oín por un pelo.