prismático -ca

prismático -ca

(< prisma)

  1. adx [MAT]
    1. Relativo ou pertencente ao prisma.

    2. Que ten forma de prisma.

    3. Que está formado por un prisma.

    4. Aplícase á superficie xerada polo movemento dunha liña recta que se move paralelamente a ela mesma, que se interseca sempre cos lados dun polígono plano.

  2. adx [FÍS]

    Aplícase ás cores que resultan da descomposición da luz branca cun prisma óptico.

  3. s m pl [FÍS]

    Binóculo en que a luz, antes de atravesar o ocular, é desviada dúas veces por reflexión mediante dous prismas que hai en cada un dos dous tubos do instrumento.

Palabras veciñas

prisión | prisioneiro -ra | prisma | prismático -ca | prismatoide | prismoide | prístido -da