prisma
(
-
s
m
[MAT]
Poliedro que ten dúas caras iguais e paralelas (bases), sendo as outras caras (caras laterais) paralelogramos. As interseccións entre as caras laterais son as arestas laterais. A altura é a distancia perpendicular entre as dúas bases. O volume é o produto da área dunha base pola altura. Un prisma recibe o seu nome segundo a forma xeométrica das súas bases (triangular, cuadrangular ou pentagonal), e denomínase recto se as súas bases son perpendiculares ás arestas laterais, e regular se as súas bases son polígonos regulares.
-
s
m
[MINERAL]
Forma cristalográfica constituída por unha serie de caras que se cortan paralelamente nunha soa dirección e están agrupadas ao seu redor. Diferénciase do prisma xeométrico en que lle faltan as bases.
-
s
m
[FÍS]
Sistema óptico constituído por dous dioptros planos que delimitan un medio transparente e forman un ángulo non nulo, denominado ángulo do prisma. Un raio luminoso que atravesa un prisma sofre polo feito de refractarse dúas veces, unha por cada dioptro, un cambio de dirección chamado ángulo de desviación, que é función do índice de refracción do medio que constitúe o prisma, do ángulo do prisma e do de incidencia do raio. Cando un raio de luz policromática incide nun prisma, prodúcese a dispersión cromática da luz. Se o ángulo é igual ou superior ao dobre do ángulo límite, haberá unha reflexión total, pero se é inferior esta só terá lugar para determinados valores do ángulo de incidencia. Algúns tipos particulares son o prisma de Nicol, o prisma de Rochon e o prisma de Wollaston.
-
s
m
Punto de vista que se ten de algo ou de alguén.
-
prisma de acreción
[XEOL]
Superposición de láminas amoreadas fronte a unha placa, sobre unha zona de subdución.