cadea

cadea

(< lat catēna)

    1. s f

      Sucesión de aneis enlazados entre si, xeralmente de metal.

      Ex: Regaloulle unha cadea de ouro. O portal está pechado cunha cadea chea de ferruxe. 

    2. s f [ETN]

      Obxecto formado por unha serie de aros de ferro que vai pendurado na lareira e leva un gancho no extremo inferior para colgar potes ou caldeiros metálicos sobre o lume.

      Sinónimos: gramalleira.
    3. s f [MAR]

      Conxunto de elos metálicos co que se une a áncora á embarcación.

      Ex: Cando subían a áncora a cadea estaba chea de algas. 

    4. s f [TECNOL]

      Sucesión de elos de formas moi diversas, dunha gran resistencia, enlazados un a continuación do outro, que se emprega para aguantar, arrastrar, levantar cargas ou para transmitir o movemento. Ademais das cadeas ordinarias existen as articuladas; dentro destas cómpre distinguir as de roletes, as sinxelas, as dentadas e as Galle. As cadeas de roletes están formadas por dúas clases de elos: unhas compostas de dous porlóns suxeitos por dúas platinas en forma de oito, e outras compostas de dous elos, sobre os que xira lixeiramente un rolete tubular, suxeitos por dúas platinas iguais ás anteriores. As cadeas sinxelas diferéncianse das anteriores porque non teñen roletes. Nas cadeas dentadas, o parafuso sostén un gran número de platinas en forma de dente e a metade destas platinas pertencen ao elo seguinte. As cadeas Galle son cadeas de roletes reforzadas por medio de platinas múltiples.

    5. s f [TÉXT]

      Disposición dos urdidos para o seu transporte, imitando os elos dunha cadea.

    6. cadea de agrimensor [METROL]

      Cadea formada por barras de ferro que se unen por medio de aneis, de dous metros de lonxitude, e que se emprega para medir terreos.

    7. cadeas antiescorregantes [TRANSP]

      Conxunto de cadeas utilizadas nos pneumáticos dos vehículos para ter máis adherencia cando se circula sobre xeo ou neve.

    1. s f [COMUN]

      Conxunto de emisoras de radionavegación que emiten uns sinais que indican a posición dun barco ou dun avión.

    2. s f [ECON]

      Conxunto de establecementos, sucursais ou axencias que forman parte dun negocio.

      Ex: Este hotel pertence a unha cadea de hostalería con establecementos en toda Europa. 

    3. s f [MAT]

      Conxunto totalmente ordenado.

    4. s f [MAT]

      Sucesión de variables aleatorias, de xeito que a distribución da probabilidade dunha delas depende dos valores obtidos polas anteriores.

    5. s f [QUÍM]

      Conxunto de átomos enlazados linealmente uns con outros e que constitúen o esqueleto dunha molécula ou dunha parte desta molécula.

    6. s f [QUÍM]

      Serie máis ou menos longa de átomos de carbono unidos consecutivamente (cadea aberta) ou ben formando ciclos (cadea pechada). Hai cadeas lineais e cadeas ramificadas, onde grupos de átomos de carbono se unen á serie máis longa ou ao ciclo que constitúe a parte principal da molécula. Algúns elos da cadea poden ser un heteroátomo, principalmente O, S e N.

    7. s f [XEOG]

      Serie de montañas enlazadas entre si con certos caracteres comúns e cunha mesma dirección xeral.

      Ex: Visitamos a cadea dos Alpes antes da temporada de inverno. 

      Sinónimos: cordal, cordilleira, serra.
    8. s f

      Conxunto de elementos semellantes que se suceden sen interrupción.

      Ex: Fixemos unha cadea humana para pedir melloras no ensino. 

    9. s f [COMUN]

      Conxunto de emisoras interconectadas por medio de cables coaxiais ou enlaces por microondas, que transmiten un mesmo programa producido nun centro emisor principal.

      Ex: Cambiei de cadea porque non me gustaba a programación. 

    1. s f

      Serie ininterrompida de feitos ou de ideas que dependen uns dos outros.

      Ex: Toda a familia sufriu unha cadea de desastres naquelas datas. 

    2. cadea de montaxe [IND]

      Conxunto de máquinas e equipos empregados na fabricación en cadea.

      Ex: Mecanizaron parte da cadea de montaxe da fábrica e varios obreiros quedaron sen emprego. 

    3. cadea respiratoria/transportadora de electróns [BIOL]

      Sistema de transporte de electróns que se aproveita na oxidación biolóxica de substratos para a obtención da enerxía redutora que conteñen, e que se atopa nas membranas das mitocondrias e das bacterias.

    4. cadea trófica/alimentaria/nutricional [ECOL]

      Concepto ecolóxico proposto por Elton, en 1927, para describir as relacións de produción, depredación ou aproveitamento nunha sucesión lineal de organismos, que constitúen os distintos niveis ou elos da cadea. Entre os distintos niveis tróficos establécese un fluxo enerxético, no que cada un deles se mantén co inmediatamente anterior para ser, á súa vez, o sustento do posterior de xeito encadeado. En 1942 Lindeman enunciou a regra do 10%; segundo esta, en cada elo dunha cadea trófica pérdese entre un 80 e un 90% do fluxo de enerxía, e así 1.000 g do primeiro nivel trófico (por exemplo herbáceas) producen 100 g de fitófagos (por exemplo saltóns), 10 g de carnívoros de primeira orde (por exemplo o paporrubio) e 1 g de carnívoros de segunda orde (por exemplo o gabián). Esta regra evidencia a necesidade dos animais depredadores de abarcar grandes territorios. A ecoloxía moderna prefire considerar as relacións tróficas dentro dun ecosistema como unha rede, xa que unha mesma especie pode atoparse a distintos niveis tróficos, polo que é erróneo definir unha única cadea independente e lineal.

    5. traballo en cadea [IND]

      Sistema de produción no que o material pasa por diferentes máquinas ou equipos, dispostos para que cada un efectúe a operación correspondente á orde que ocupa no proceso. O traballo realízase a un ritmo uniforme, que vén determinado polo tempo que necesita cada operación. A cadea perfecta permite o movemento continuo do material ao longo dunha serie de operacións, de maneira que a actividade sexa simultánea en todos os puntos, e de tal xeito que o produto percorra un camiño razoablemente directo ata a fin da súa elaboración.

  1. s f
    1. [DER]

      Antiga pena de reclusión nun presidio que podía ser temporal ou para toda a vida. A cadea perpetua é a pena máxima de privación de liberdade de que dispón a lexislación dun país.

    2. Lugar no que cumpre a súa pena un presidiario.

      Ex: Cometeu un delito cando era novo e pasou varios anos na cadea. 

      Sinónimos: cárcere, presidio, prisión.
    3. Ligazón que condiciona a liberdade dunha persoa.

      Ex: Despois de algún tempo ningún dos dous se sentía cómodo coa cadea do matrimonio. 

  2. s f [ARQUIT]
    1. Conxunto de perpiaños dispostos verticalmente, amodo de machón, nun muro feito xeralmente de cachotería ou ladrillo para reforzalo. Empréganse nas esquinas ou nos ángulos e están totalmente inmersos no muro.

    2. Conxunto de madeiros fortemente ensamblados sobre os que se ergue unha fábrica.

    3. Nervios que, nunha bóveda de crucería, unen a clave maior coa dos arcos terceletes ou a dos formeiros cos perpiaños.

    4. Tirante de ferro que une os soportes sobre os que se voltean os arcos.

  3. s f [AUTOM]

    Conxunto de elementos que serven para asegurar a emisión, a transmisión e a recepción de sinais nun servosistema ou nunha regulación. Pódese distinguir entre a cadea de acción ou directa, que vai nun sentido único desde o órgano de medida e o comparador ata o elemento do servosistema ou o regulador, e a cadea de reacción ou de retorno, que vai en sentido inverso. O sinal de entrada volve, a través das dúas cadeas, á entrada, formando deste xeito un bucle.

  4. s f [CIBERN]

    Conxunto de dispositivos ou circuítos que constitúen un sistema de regulación.

  5. s f [ESOT]

    Transmisión multiplicada de oracións que ameaza desgracias, en caso de romperse, ou que promete acontecementos afortunados, se se continúan as oracións.

  6. s f [ESPECT]

    Conxunto de movementos realizados por dúas ringleiras de bailaríns que avanzan en sentido oposto dándose as mans durante un momento e cruzándose pola dereita e pola esquerda.

  7. s f [ETN]
    1. Parte do carro que atravesa a armazón, dunha banda da cheda á outra, dá forma á estrutura da grade e sostén o piso.

    2. Cada un dos paos encorvados que forman parte do carro, onde vai metido o pescozo dos animais de tiro.

  8. s f [HERÁLD]

    Figura representada con aneis redondos, ovais ou cadrados. En xeral vai pechada nun colar, nunha áncora ou nun restrelo.

  9. [INFORM]
    1. s f

      Estrutura de datos na que os compoñentes (normalmente caracteres e símbolos) están ordenados, de xeito que cada elemento da cadea ten un predecesor e un sucesor.

    2. cadea de caracteres

      Secuencia alfanumérica almacenada nun ordenador e que se trata como un elemento único de datos.

    3. cadea de traballos

      Conxunto de programas que resolven unha aplicación, especialmente se os programas están concibidos para ser executados un detrás do outro. Unha cadea pode facerse equivalente a un só traballo ou ben pode estar estruturada en diversos traballos sucesivos.

    4. cadea en margarida

      Sistema para conectar dispositivos entre si nunha secuencia con cables. Se catro dispositivos A, B, C e D están conectados en margarida, haberá un cable de A a B, un cable de B a C e un cable de C a D.

  10. [LING/FILOL]
    1. s f

      En gramática xenerativo-transformacional, calquera das sucesións de símbolos que se obtiveron nun determinado estado da derivación dunha frase mediante as regras de reescritura.

    2. s f

      En glosemática, clase ou conxunto de elementos en calquera nivel da análise sintagmática, ou sexa, unha sucesión de elementos que constitúen unha unidade nese nivel, como unha frase, unha cláusula subordinada ou unha palabra.

    3. cadea fónica/falada

      Conxunto indeterminado de elementos fónicos dotado de significación, nunha lingua calquera, e do que interesan as características articulatorias e acústicas, a miúdo modificables, que presenta cada son en contacto cos outros.

  11. s f [RELIX]

    Comentario bíblico que consiste en explicar cada versículo reunindo as frases dos Pais da Igrexa, sobre todo das escolas de Alexandría e de Antioquía.

  12. s f [TECNOL]

    Equipo de reprodución de son que comprende unha fonte (sintonizador, tocadiscos, magnetófono, etc), un amplificador (cos elementos accesorios como o ecualizador, o mesturador, o reverberador, etc) e os elementos reprodutores (caixas acústicas ou auriculares).

Frases feitas

  • En cadea loc adv En sucesión continuada. Ex: A enerxía atómica conséguese mediante unha reacción en cadea.

Palabras veciñas

caddie* | caddo | cadea | cadea | cadeado | cadeeira | cadeira