1 catón
(
Primeiro libro de lectura, composto por frases e períodos curtos, que se emprega para exercitar na lectura os principiantes. Usábase de modo xeneralizado nas escolas primarias e mantivo a súa presenza ata mediados do s XX. Os seus textos facían referencia ao libro de máximas morais, de Dionisio Catón, Distica Catonis (Dísticos de Catón). Con esta estrutura e sentido moralizante, aínda que con diversos contidos, empregouse ao longo da Idade Media e tivo unha parcial renovación, como consecuencia do humanismo, a partir do s XVI. Existen varios catóns editados en Galicia, o último deles en galego, escrito por Xosé R. Fernández-Oxea en 1936, aínda que non se publicou ata 1969 (Catón galego); este exemplar converteuse no primeiro libro de texto en galego para uso escolar.
Frases feitas
-
De catón loc adv En sentido oblicuo.