Catral
Catral
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial do delta do Segura (4.481 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, con cultivos de regadío, especialmente os da horta, os cereais e os cítricos. A gandería baséase no gando ovino, porcino e vacún. A industria limítase á preparación da fibra de cánabo.