Cattell, James Mckeen

Cattell, James Mckeen

Psicólogo norteamericano. Discípulo de W. Wundt, interesouse polo estudo experimental do comportamento humano e polas diferencias individuais, a atención, a asociación e a aprendizaxe. Foi o creador da expresión “test mental” no ano 1890. En 1894 fundou, con J. M. Baldwin, a revista Psychological Review, da que foi coeditor ata 1903. En 1947 A. T. Poffenberg editou unha recompilación da súa obra titulada James Mckeen Cattell, Man of Science (1860-1944) (James Mckeen Cattell, home de ciencia, 1860-1944).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Easton, Pennsylvania

  • Deceso

    Lugar : Lancaster, Pennsylvania