Cauchy, Augustin-Louis

Cauchy, Augustin-Louis

Matemático e barón de Cauchy. Foi un dos máis destacados do s XIX na súa materia e un dos renovadores da análise. Fundou a teoría da converxencia e impulsou o desenvolvemento da teoría de funcións de variable complexa. Son notables as súas contribucións aos campos da mecánica, da astronomía e da óptica, especialmente as súas achegas á teoría da elasticidade.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Sceaux, París