cauco -ca
cauco -ca
-
adx
Relativo ou pertencente aos caucos.
-
s
[HIST]
Individuo do pobo cauco.
-
s
m pl
[HIST]
Pobo da Xermania establecido no actual territorio de Bremen. Aliados dos romanos, rebeláronse e foron sometidos e derrotados. Posteriormente, dedicáronse á piratería, invadiron o territorio dos bátavos e saquearon as rexións costeiras. No s III, despois de atacar as costas da Galia, fundíronse con outros pobos.