caución

caución

(< lat cautiōne‘precaución’)

  1. s f

    Actitude de cautela ante algún temor ou risco.

    Ex: Aconselláronme moita caución antes de denunciar á administración.

    Sinónimos: coidado, precaución, prudencia.
  2. s f [DER]

    Confirmación ou garantía do cumprimento dunha obriga mediante xuramento, peñor de bens propios ou fianzas dun terceiro.

  3. s f [DER]

    Pena que obriga a unha persoa sometida a un proceso, a presentar un fiador que se faga responsable de que non se levará a cabo o mal que se pretende evitar e que entregue, no caso de que se leve a cabo ese mal, a cantidade esixida na sentencia.