Caudete

Caudete

Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situada ao L da provincia, no límite con Alacant (8.765 h [1996]). Na agricultura, os principais cultivos son a viña, as oliveiras, as patacas e o millo. A base da economía nos últimos anos é o sector dos transportes e a produción téxtil de cánabo, esparto e fibra vexetal. Foi o emprazamento de diversos pobos como os tartesos, os fenicios e os romanos, que deixaron a súa pegada na Via Augusta e Pretoria que cruzan o termo. Nel celébranse as festas de moros e cristiáns, declaradas de interese turístico. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de Santa María Catalina, de estilo gótico e renacentista.