cavar

cavar

(< lat cavāre)

  1. v t

    Traballar a terra coa aixada, co legón ou con outra ferramenta semellante para removela, sacar as herbas ou preparala para cultivala. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Cávame tarde, bímame/arréndame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ao labrego. Caves ben, caves mal, cava ben no carreiral. O que cava e bima fará boa vendima. Quen cava co demo a viña, co demo a vendima”.

    Ex: Cavou a terra da horta para poder sementar as cebolas. Cavou o millo en dous días.

  2. v t

    Abrir unha gabia ou un buraco máis ou menos profundo na terra.

    Ex: Cavou un buraco para plantar a maceira.

    Sinónimos: escavar.
  3. v t

    Facer unha cavidade nunha peza, especialmente de madeira, para darlle unha forma determinada.

    Ex: O zoqueiro cavou a peza de madeira ata facer a forma do pé da zoca.

    Sinónimos: escavar.

Frases feitas

  • Cavar a sardiña. Remexer as sardiñas que están nunha morea.

Refráns

  • En novembro cavar non se che lembre; e a aixada de cavar, emprégaa en aburatar.
  • Quen bima e bima ben na vendima hao coñecer.
  • Quen cava no mes de Santos, perde o tempo e o traballo.
Conxugar
VERBO cavar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavo
cavas
cava
cavamos
cavades
cavan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavaba
cavabas
cavaba
cavabamos
cavabades
cavaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavei
cavaches
cavou
cavamos
cavastes
cavaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavara
cavaras
cavara
cavaramos
cavarades
cavaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavarei
cavarás
cavará
cavaremos
cavaredes
cavarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavaría
cavarías
cavaría
cavariamos
cavariades
cavarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cave
caves
cave
cavemos
cavedes
caven
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavase
cavases
cavase
cavasemos
cavasedes
cavasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavar
cavares
cavar
cavarmos
cavardes
cavaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cava
-
-
cavade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cavar
cavares
cavar
cavarmos
cavardes
cavaren
Xerundio cavando
Participio cavado
cavada
cavados
cavadas