Cavatina
Revista en galego editada pola Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza en Santiago de Compostela. Dirixida por José Víctor Carou Fernández, comezou a súa impresión en outubro do 1998. O seu consello de redacción está formado por José Víctor Carou Fernández, Daniel Álvarez, Borja Mariño, Beatriz Padín, Rodolfo Porto e Roberto Relova. Interesada na promoción en Galicia da arte lírica e doutras manifestacións musicais, contén as seccións: “Actualidade”, “Crítica de concertos”, “Cita coa ópera”; “Dicionario de ópera”, “Na escena con...”, “A voz humana”, “Entrevista”, “Asociación”, “Para escoitar, para ler”, “A axenda do afeccionado galego á lírica” e “Butaca reservada a...”. Inclúe, ademais, un amplo soporte fotográfico que acompaña os artigos e críticas dos principais intérpretes operísticos.