cavidade
(< lat cavĭtāte)
-
s
f
Espacio oco nun corpo sólido.
Ex: A auga acumulábase nas cavidades das rochas.
Sinónimos: concavidade. -
s
f
[ANAT]
Espacio oco dun corpo ou dun órgano.
Ex: cavidade cranial, cavidade timpánica.
-
cavidade aceleradora
[TECNOL]
Parte dun acelerador de partículas que comunica enerxía a un feixe de partículas cargadas electricamente, normalmente mediante un xerador de campo eléctrico oscilatorio que se sincroniza coa velocidade das partículas en cuestión.
-
cavidade de segmentación
[BIOL]
Cavidade formada no interior da blástula da que derivan, por procesos posteriores de gastrulación e neurulación, os tecidos e os órganos mesodérmicos do organismo adulto. Denomínase tamén blastocele.
-
cavidade resoante/resoador da cavidade
[TECNOL]
Espacio interior dunha cámara pechada, formada por paredes metálicas, no que se crea un campo electromagnético resoante manifestado polo establecemento de ondas estacionarias cunha lonxitude de onda da orde das dimensións lineais da cavidade. Empréganse como circuítos oscilantes de hiperfrecuencias.