cávido -da

cávido -da

(< Cavia, xénero de roedores)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cavidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Mamífero da familia dos cávidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de roedores que comprende individuos de corpo alongado e de extremidades, en xeral, curtas e delgadas. Non teñen clavículas, a cabeza é grande e posúen un rabo curto, rudimentario, ou carecen del. Son propios do continente americano e teñen costumes gregarios. Pertencen a este grupo os xéneros Cavia (cobaias) e Dolichotis (maras).

Palabras veciñas

caviar | cavicornio -nia | cavidade | cávido -da | cavilación | cavilador -ra | cavilar