cávido -da
cávido -da
(< Cavia, xénero de roedores)
-
adx
Relativo ou pertencente aos cavidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos cávidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de roedores que comprende individuos de corpo alongado e de extremidades, en xeral, curtas e delgadas. Non teñen clavículas, a cabeza é grande e posúen un rabo curto, rudimentario, ou carecen del. Son propios do continente americano e teñen costumes gregarios. Pertencen a este grupo os xéneros Cavia (cobaias) e Dolichotis (maras).