cavilla

cavilla

(< lat v *cavicŭla

  1. s f

    Pecho que consiste nun gancho metálico, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira, arredor da que xira, para pechar portas ou ventás.

    Ex: Pola noite pecha a cancela coa cavilla.

    Sinónimos: caravilla.
  2. s f [MÚS]

    Peza de madeira ou de metal na que se enrolan as cordas de certos instrumentos para tensalas.

    Sinónimos: caravilla.
  3. s f [MAR]

    Pao de madeira torneada que se coloca no cavilleiro e que serve para amarrar os cabos de manobra.

  4. s f [MAR]

    Barra que se usa para unir as pezas de construción dun barco.

Formas incorrectas

cabilla

Palabras veciñas

cavilación | cavilador -ra | cavilar | cavilla | cavilleiro | cavillón | caviloso -sa