Caxés, Eugenio

Caxés, Eugenio

Pintor, fillo de Patricio Caxés. Traballou en El Escorial e no Palacio del Pardo xunto co seu pai e foi pintor de cámara de Filipe III. Realizou con Vicenzo Carducci os frescos da capela da Virxe do Rosario (1615) da catedral de Toledo. Entre as obras da súa autoría destacan La caída de los ángeles rebeldes (1605), Crucifixión de San Pedro (1613), Imposición de la casulla a san Ildefonso e Desembarco hostil de los ingleses en la bahía de Cádiz al mando de Lord Wimblendon.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso