caxigo

caxigo
  1. s m [PLANTA]

    Árbore de ata 20 m de altura, de follas marcescentes, algo coriáceas, con tomento fino no envés, que acadan os 15 cm de lonxitude. Presenta pecíolo de ata 20 mm, landras de ata 35 mm de lonxitude e cúpulas de escamas aveludadas. Distribúese pola Península Ibérica e polo noroeste de África. No suroeste de Galicia e na maior parte do resto da Península está presente, en zonas de clima mediterráneo continental, a subespecie Q. faginea faginea, mentres que no cuadrante suroeste da Península Ibérica e no noroeste do continente africano aparece a subespecie Q. faginea broteroi, nas beiras dos ríos e en ladeiras húmidas.

    Sinónimos: aciñeira, caxiga.
  2. s m

    Madeira desta árbore.

  3. s m

    Carballo novo que aínda non está completamente desenvolvido.

    Sinónimos: carballiza.
  4. s m

    Abrocho que lles sae aos troncos das árbores que se cortaron polo pé.

  5. s m

    Denominación que recibe o castiñeiro nalgunhas zonas de Lugo.

Palabras veciñas

caxiga | Caxigal | Caxigal, Juan de | caxigo | caxigueira | Caxigueiro | caxiqueira