Cayenne
Cayenne
Capital do departamento da Guyana Francesa, situada na desembocadura do estuario do río Guayanne, no Océano Atlántico (88.689 h [1990]). Fundada en 1643 polos franceses, é un centro agrícola produtor de cana de azucre, arroz, café, cacao e froita tropical. Como centro comercial, exporta ouro, madeira e ron.