Cazalla de la Sierra

Cazalla de la Sierra

Municipio da comarca de La Sierra, situado na provincia de Sevilla, Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, á beira do río Viar (5.229 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola e gandeira. Destaca pola elaboración de anís, tanto seco como doce. Consérvanse os restos dun antigo castelo árabe e dunha cartuxa gótica do s XV.