Cea, pazo de
Cea, pazo de
ou pazo de Nigrán Situado en Nigrán, foi construído a finais do s XVI por Xoán de Cea, aínda que a comezos do s XIX sufriu unha serie de transformacións da man de Bernardo de Cea Añel Romay. Trátase dun recinto amurallado cun portal de acceso no que se sitúan escudos de armas dos Cea e dos Gándara. O edificio principal ten forma de L cun patín de acceso na confluencia das dúas coxías. Conserva tamén unha capela brasonada. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1978.