1 cebra
(
-
s
f
[ANIMAL]
Équido de orixe africana que presenta un pelame claro (branco ou amarelado) e franxas transversais escuras (negras ou acastañadas). O pescozo é groso, a crina curta e recta, e a cabeza grande e pesada. A súa dieta baséase principalmente en herbáceas, aínda que tamén poden comer follas de árbores ou arbustos. Na estación seca escarvan para desenterrar rizomas e bulbos, amais de aproveitar pastos moi pobres, aínda que nese caso dependen moito de masas de auga ás que acoden diariamente para beber. Os machos loitan polas femias mediante couces e trabadas, e as parellas adoitan ser de por vida. Viven en grupos familiares que poden variar de número (de catro a vinte animais) e que se xuntan con outros na estación seca para formar mandas de varios centos de animais, especialmente pola noite. É frecuente observalas con ñus, antílopes, xirafas e eláns. Os animais que forman cada grupo recoñécense individualmente pola diversidade nas marcas, a voz e o cheiro. En cada familia existe unha xerarquía que domina o macho, pero se algún animal do grupo se extravía, o resto anda na súa procura durante días. Cando se desprazan adoitan unha formación determinada: as crías acompañan a súa nai, a máis nova sitúase preto desta e o macho pecha a columna. Son animais veloces que lles gusta envorcallarse na terra e teñen como principal inimigo os leóns. O deseño da pelaxe dificulta aos dípteros hematófagos a detección das cebras cando se desprazan en grupos con outras especies. Son os équidos salvaxes máis numerosos, con 300.000 individuos en todo o mundo (uns 200.000 viven no Serengeti). Os xéneros Dolichohippus e Hippotigris considéranse, en ocasións, subxéneros do xénero Equus.
-
cebra de Burchell
[ANIMAL]
Cebra de ata 150 cm de altura na cruz e 320 kg de peso. Presenta as orellas curtas e estreitas, e as raias anchas, estendidas polos flancos ata a barriga, oblicuas nos cuartos traseiros. Comunícanse con voces asubiantes na aspiración de aire, seguida da voz “cua-a” emitida repetidamente. A gran fvariabilidade das poboacións deu lugar á descrición de varias razas, entre as que destacan: a cebra de Grant , de patas raiadas ata os cascos, distribuída polo N de Sudán, Etiopia, Somalia e S de Tanzania; a cebra de Selous , de raias finas e numerosas, propia do N de Moçambique, Zambia e Malawi; a cebra de Chapman , de cor amarelada en xeral e patas non raiadas na súa totalidade, que vive na parte setentrional de Sudáfrica; e a cebra de Burchell , raza tipo coa que se describiu a especie e que se extinguiu pola caza dos europeos.
-
cebra de
[ANIMAL]
Cebra de ata 130 cm de altura na cruz e 275 kg de peso. Presenta as orellas longas e apuntadas, o ventre de cor branca e as raias negras estreitas e numerosas, na parte superior das ancas dispostas en sentido transversal. Existen dúas subespecies: a cebra de montaña (H. zebra zebra) que habita nas montañas do sur de Sudáfrica e en perigo de extinción pola caza; e a cebra de Hartmann (H. zebra hartmannae), de cor de fondo amarelado, vive nas montañas do sudoeste de África e Angola e penetra no deserto despois das chuvias para aproveitar as herbáceas. A súa voz é un rincho semellante ao do cabalo.
-
cebra real/cebra de Grevy
[ANIMAL]
Cebra de ata 152 cm de altura na cruz e cun peso de ata 430 kg. Presenta as orellas amplas e redondeadas, raias estreitas e numerosas, case que verticais por todas as partes do corpo. O ventre é de cor branca, ao igual que unha gran mancha no alto das ancas. Vive nos altiplanos áridos e nas ladeiras rochosas do corno de África e coincide coa cebra de Grant no N de Kenya, coa que forma mandas mixtas. Comunícanse entre elas con orneos semellantes aos dos asnos.