Cebral

Cebral
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun topónimo de carácter abundancial que podería remitir á presenza no lugar de cebros ‘asnos salvaxes xa extinguidos na Península’ ou de acevros, con aférese da sílaba inicial. No primeiro dos casos, o étimo que o explica componse do latín vulgar *ecĭfĕru e mais o sufixo -ale; e no segundo, do latín vulgar *acifolu e mais o sufixo -ale, derivado de aquifoliu. A confluencia entre os resultados dun e doutro étimo puido producirse facilmente, sobre todo se se ten en conta que o hábitat da especie equina viña a coincidir co da especie vexetal.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro; en punta, ondas de azul e prata.