Cebreiro Martínez, Álvaro
Debuxante, ilustrador e caricaturista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña ata que en 1919 comezou a colaborar como caricaturista en diversas publicacións como A Nosa Terra, Mondariz ou Alborada. Posteriormente traballou como ilustrador nas revistas Vida Gallega, Ronsel e Alfar e en El Ideal Gallego, xornal no que publicaba diariamente os seus debuxos acompañados dun pé cunha mensaxe filosófica. Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922 asinou con Manuel Antonio o manifesto vangardista Máis alá. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e trabou amizade con numerosos artistas da época, entre eles o pintor Foujita. Deixou de publicar por causa da Guerra Civil ata 1945. A súa obra posúe un grafismo de trazo expresivo, que nalgúns casos se achega ao retrato psicolóxico, acompañado de pés que subliñan o seu agudo e sutil sentido do humor. Entre as súas caricaturas salientan as de Antón Villar Ponte e Imeldo Corral. Participou en exposicións na Coruña e París e en diversos certames. En 1953 ingresou na Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso