Cebreros

Cebreros

Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado no val do río Alberche, preto do encoro de Burguillo (3.483 h [1996]). É o principal centro agrícola e comercial da comarca homónima, cunha importante produción vitivinícola e de cereais. No sector industrial destacan as pequenas fábricas de licores e os serradoiros.