cecilia

cecilia
s f [ANIMAL]

Anfibio ápodo pertencente á orde dos ximnofións que posúe unha anatomía adecuada para a vida subterránea: presenta corpo longo e delgado, con numerosas vértebras e costelas moi longas, ollos pequenos (xeralmente cego en estado adulto), fociño con órganos sensoriais especiais e ano no extremo posterior do corpo. A fecundación é interna e ten lugar por medio dun órgano copulador extensible que posúe o macho. Algunhas especies son ovovivíparas, noutras a femia coida os ovos ata que emerxen as larvas e, nalgúns casos, os ovos son abandonados na terra húmida preto da auga. As larvas poden saír do ovo totalmente formadas ou ter un período de desenvolvemento acuático. Aliméntanse principalmente de anélidos e insectos. Existen unhas 160 especies de vida subterránea en selvas tropicais de Sudamérica, África e sueste asiático.