Cedeira, Nosa Señora do Mar de

Cedeira, Nosa Señora do Mar de

Igrexa parroquial de Cedeira construída na primeira metade do s XV. É unha mostra do gótico mariñeiro. Posúe unha única nave, con cuberta de madeira sostida por arcos apuntados levantados sobre pilastras apoiadas nos muros. A ábsida é rectangular e está cuberta por unha bóveda de crucería. A mediados do s XVI engadíronse cinco capelas laterais abertas á nave por medio de arcos de medio punto con doelas de diferentes cores. En 1666 construíuse unha nova capela lateral e engadíronse dous corpos á cabeceira (1896-1898), ao tempo que se derrubaban tres das capelas e a sancristía. Posúe planta de cruz latina.