Cedeira, Santo André de
Igrexa parroquial situada en Redondela e realizada por Fernando Casas, quen contratou o proxecto no ano 1743 para reedificar un templo tardogótico do s XVI. A planta presenta unha nave rectangular de dous tramos, cuberta con bóveda de crucería e precedida dun coro alto amodo de nártice ou vestíbulo. Na cabeceira están o cruceiro, pouco desenvolvido e cuberto cunha bóveda nervada, e o presbiterio de grandes dimensións. No interior conserva o retablo maior e os laterais de estilo barroco. A fachada presenta un corpo prismático enmarcado entre dúas pilastras, no que se tentou destacar o eixe central rematado en espadana, o que aumenta a sensación de verticalidade. Está decorada con motivos xeométricos. Entre 1880 e 1884 realizáronse obras de restauración.