cedro
(< lat cēdru < grκέδρος)
-
s
m
[PLANTA]
Árbore do xénero Cedrus, da familia das pináceas, coa copa ancha e cónica, pólas separadas e follaxe en niveis. Ten follas perennes, dispostas en verticilos sobre braquiblastos, e piñas de ata 10 cm de lonxitude, ergueitas e en forma de barril que se desfán ao madurar, polo que queda só o eixe central. Aplícase, impropiamente, este nome a outras coníferas de porte semellante pero sen a figura, as acículas nin as piñas propias deste xénero.
-
cedro californiano/cedro do incenso
[PLANTA]
ciprés californiano.
-
cedro do Atlas
[PLANTA]
Árbore de ata 40 m de alto e de figura piramidal con pólas ascendentes e acículas de ata 2 cm de lonxitude e de cor verde clara, dispostas en verticilos de entre 20 e 30 cm. As piñas miden entre 5 e 8 cm. É unha especie valorada pola súa madeira dura e aromática. Propio dos sistemas montañosos da rexión do Atlas, en Galicia está presente como árbore ornamental en parques.
-
cedro himalaio
[PLANTA]
Árbore de ata 50 m de alto, de copa aguzada e pólas pendurantes, con acículas de entre 3 e 5 cm de lonxitude, de cor verde brillante, e piñas de entre 7 e 12 cm. É orixinario do Himalaia occidental, onde forma bosques que se localizan entre os 2.000 e os 3.000 m de altitude. En Galicia é común como árbore ornamental en parques, como os do campus universitario de Santiago de Compostela e os do pequeno bosque situado ao pé do castelo do monte do Castro, en Vigo.
-
cedro libanés
[PLANTA]
Árbore de ata 40 m de alto, de copa truncada, con acículas de ata 2 cm de lonxitude, de cor verde escura, en verticilos de 15 a 20, e piñas que miden entre 5 e 8 cm. É propio das cordilleiras do Tauro e do Antitauro, no Líbano e Cilicia. En Galicia está presente como árbore ornamental.
-
cedro virxiniano
[PLANTA]
sabina virxiniana.
-
cedro xaponés
[PLANTA]
ciprés xaponés.