Cedrón

Cedrón
  1. [ONOM]

    Apelido toponímico de orixe dubidosa. É pouco probable que se trate dun aumentativo da voz común cedro, xa que esta non se atopa na toponimia galega (alomenos na maior); ademais, esta árbore non é autóctona e a súa presenza en Galicia non é significativa. Máis xustificado, debido á súa terminación -ón, é considerar que a súa etimoloxía reside nun posible antropónimo *Citrone.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente do lugar homónimo situado no concello de Sarria. As súas armas levan, en campo de ouro, un cedro de sinople.

Palabras veciñas

cedrino -na | cedro | Cedrón | Cedrón | Cedrón del Valle, Xosé | cedrón* | cédula