cegude

cegude

(< lat cicūta)

  1. s f [PLANTA]

    Herbácea bienal de cheiro desagradable, que acada os 2 m de altura, de talos ocos manchados de púrpura e follas de ata 30 cm, pinnadas varias veces. As flores son brancas e dispóñense en umbelas de ata 5 cm de diámetro. Os froitos, de ata 3,5 mm de lonxitude, son de cor acastañada e teñen costelas onduladas verdosas. É propia de lugares húmidos e ruderais, como marxes de ríos e camiños; en Galicia está presente na metade occidental. As follas e os froitos teñen altas concentracións de alcaloides moi velenosos para o home, como a cicutina, a metilcicutina, a conhidrina e a pseudoconhidrina; oito gramos das súas follas poden provocar a morte dunha persoa adulta. Utilizouse en medicina homeopática como antineurálxico e antiespasmódico.

    Sinónimos: cicuta.
  2. s f [BIOQ]

    eleno que se obtén principalmente da raíz bulbosa da planta do mesmo nome, que pode resultar mortal para o home en doses próximas aos 500 mg.

    Sinónimos: cicuta.

Palabras veciñas

Cegoñas | cegóns | cegrí | cegude | cegueira | ceguesimal | Cehegín