cegueira

cegueira

(< cego)

  1. [PAT]
    1. s f

      Privación ou perda do sentido da vista. Pode ser conxénita, ocasionada por malformacións embrionarias ou enfermidades oculares do período fetal, ou adquirida, como consecuencia de lesións dos ollos, das vías nerviosas cerebrais por onde transcorren os estímulos visuais, dos centros visuais situados no córtex cerebral ou de enfermidades e intoxicacións xerais.

      Sinónimos: ablepsia.
    2. cegueira de cores

      daltonismo.

    3. cegueira diúrna

      nitalopía.

    4. cegueira nocturna/crepuscular

      hemeralopía.

  2. [PSIC/PAT]
    1. cegueira psíquica

      Incapacidade de recoñecer os obxectos ou as persoas coñecidas a pesar de velas. Existen dous tipos: a agnosia visual, na que o individuo é incapaz de describir as características dos obxectos, e a asimbolia óptica, na que, malia ter unha descrición adecuada, o enfermo non pode identificar o obxecto.

    2. cegueira verbal

      Perda da capacidade de interpretación das palabras, das sílabas ou das letras escritas. Preséntase soa ou formando parte dunha síndrome coñecida como afasia de Wernicke.

      Sinónimos: alexia.
  3. s f

    Incapacidade para decatarse de algo evidente ou palpable.

    Ex: Esas opinións tan sectarias son froito dunha cegueira absoluta para as cuestións sociais.

  4. s f

    Privación do razoamento que distorsiona a percepción da realidade.

    Ex: Unha absoluta cegueira pola relixión levouno a separarse da familia.

Palabras veciñas

cegóns | cegrí | cegude | cegueira | ceguesimal | Cehegín | CEI