celebración
celebración
(
-
s
f
Acción de celebrar.
Ex: A celebración da voda tivo lugar nunha pequena ermida. Durante a celebración do aniversario houbo varias actuacións musicais.
-
s
f
[LIT]
Termo que en retórica identifica unha fórmula fixada para a expresión do sentimento de alegría producido por algo ou alguén. Xeralmente, é unha manifestación colectiva e caracterízase polo emprego de marcas explícitas e mesmo institucionais como bendito, feliz, loado ou viva, e doutras menos evidentes (entoación ou exclamación).