celiaquía

celiaquía

(< celíaco)

s f [PAT]

Enfermidade que se caracteriza por alteracións morfolóxicas do intestino delgado, pola súa mala absorción e pola intolerancia ao glute. Os síntomas son perda de peso, distensión abdominal, diarrea, esteatorrea e alteracións nas probas de absorción intestinal, pero estes deixan de manifestarse cando se segue unha dieta libre de glute. Tamén se coñece como enfermidade celíaca.

Palabras veciñas

celi- | celíaco -ca | celialxia | celiaquía | celibato -ta | célibe | Celibidache, Sergiu