celiaquía
celiaquía
(< celíaco)
s
f
[PAT]
Enfermidade que se caracteriza por alteracións morfolóxicas do intestino delgado, pola súa mala absorción e pola intolerancia ao glute. Os síntomas son perda de peso, distensión abdominal, diarrea, esteatorrea e alteracións nas probas de absorción intestinal, pero estes deixan de manifestarse cando se segue unha dieta libre de glute. Tamén se coñece como enfermidade celíaca.