Cello, San Martiño de

Cello, San Martiño de

Igrexa parroquial situada en Lalín. Consérvase a ábsida rectangular da primitiva fábrica románica de principios do s XIII. No exterior non presenta contrafortes pero si un aleiro sostido por canzorros de proa. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado, sostido por un par de columnas entregadas con capiteis lisos de gran desenvolvemento superior e bases áticas con bólas no canto de poutas. A bóveda que cobre o presbiterio, que substitúe unha cuberta de madeira, foi construída cara ao 1850.