Celrà

Celrà

Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na marxe dereita do río Ter (2.522 h [1996]). Ten unha importante industria electrónica e química. O cultivo de cereais, viña e oliveiras, así como a gandería bovina e porcina, complementan a súa economía. Consérvanse restos do antigo castelo de Celrà. Destaca a igrexa parroquial de Sant Feliu, construída en 1803.