Celsius, escala
Celsius, escala
[METROL]
Escala de temperaturas definida polo físico sueco Anders Celsius en 1742, que fai corresponder o 0 ao punto de conxelación da auga pura e o 100 á súa temperatura de ebulición (os dous a unha presión de 760 mm de Hg). A 1/100 parte deste intervalo chámase grao Celsius ou centígrado.