Celta

Celta

Publicación que apareceu en Bos Aires no ano 1968 co subtítulo de “Órgano de la Agrupación Celta”. O centro galego fíxose cargo da súa edición dúas veces ao ano. Tiña como obxectivo principal dar a coñecer o programa electoral da Agrupación Celta pro Centro Gallego. O contido dos exemplares dos anos 1968, 1970 e 1972, nos que se celebraron eleccións ao centro, reflicten o proceso electoral e os seus proxectos de futuro.