censual

censual

(< lat censuale)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao censo.

  2. adx

    Aplícase a todo o que corresponde cun censo enfitéutico, xa sexa seguido de contrato, escritura, canon ou pensión, ou a calquera cuestión que provén do censo.

  3. adx

    Relativo ou pertencente aos tributos que se pagaban na antiga Roma e nos países romanizados medievais.

  4. s m

    Obriga de pagar indefinidamente pensión ou canon anual como contrapartida dun capital dado; acostumábase garantir cos bens inmobles, de maneira parecida á hipoteca.

  5. s m pl

    Rexistros nos que, dende tempos de Diocleciano e á maneira de catastro, se consignaban os propietarios e a imposición que lles afectaba.

Palabras veciñas

Censor, El | censorado | censorio -ria | censual | censualista | censura | censurable