censura

censura

(

  1. s f [HIST]

    Cargo ou dignidade de censor na antiga Roma e período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.

  2. s f
    1. Exame crítico do contido de obras literarias, informativas, artísticas ou doutras formas de difusión do pensamento que asegura que se respectan determinados límites establecidos de orde moral, política ou relixiosa. A censura é previa á publicación, exhibición ou divulgación, e se é obrigatoria representa unha limitación fundamental da liberdade de expresión. Coa Constitución española de 1978 quedou abolida toda maneira de censura e os autores quedaron suxeitos á responsabilidade ordinaria polos seus propios actos.

    2. Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.

  3. s f
    1. Acción de reprender os demais pola súa conduta ou polas súas obras.

    2. [RELIX]

      Condenación pública dunha doctrina teolóxica pronunciada pola Igrexa ou un corpo eclesiástico.

    3. [DER]

      Pena disciplinaria imposta pola Igrexa contra individuos que son plenamente responsables das súas faltas e que desenvolven unha conduta considerada como escandalosa con respecto aos preceptos relixiosos. As tres principais formas de censura son: a excomuñón, a suspensión e a prohibición.

  4. s f

    Ditame ou xuízo emitido polo censor.

  5. s f [PSIC]

    Mecanismo de control do aparello psíquico que, segundo a psicanálise freudiana, selecciona os desexos inconscientes para impedir que algúns accedan á consciencia, se non están baixo unha forma substitutiva ou deformada que disimule o seu contido, como acontece nos soños.

  6. censura de contas [DER]

    Órgano de xestión dos administradores das sociedades anónimas. Normalmente compóñeno dous accionistas que non son administradores, designados cada ano pola xunta xeral. A súa misión é o exame da contabilidade e os antecedentes contables para informar a xunta sobre a súa exactitude e veracidade. Nalgúns casos os censores deben ser censores xurados de contas.

  7. moción de censura [POLÍT]

    oto emitido polos deputados dunha asemblea -en xeral a cámara baixa- coa intención de censurar o goberno e mostrar a súa disconformidade coa súa liña política. Se este voto acada a maioría, o goberno ten que pesentar a dimisión. A Constitución española de 1978 establece a moción de censura construtiva, que debe incluír a proposta dun candidato á presidencia do goberno.

Palabras veciñas

censorio -ria | censual | censualista | censura | censurable | censurador -ra | censurar