censura
(
-
s
f
[HIST]
Cargo ou dignidade de censor na antiga Roma e período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.
-
s
f
-
Exame crítico do contido de obras literarias, informativas, artísticas ou doutras formas de difusión do pensamento que asegura que se respectan determinados límites establecidos de orde moral, política ou relixiosa. A censura é previa á publicación, exhibición ou divulgación, e se é obrigatoria representa unha limitación fundamental da liberdade de expresión. Coa Constitución española de 1978 quedou abolida toda maneira de censura e os autores quedaron suxeitos á responsabilidade ordinaria polos seus propios actos.
-
Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.
-
-
s
f
-
Acción de reprender os demais pola súa conduta ou polas súas obras.
-
[RELIX]
Condenación pública dunha doctrina teolóxica pronunciada pola Igrexa ou un corpo eclesiástico.
-
[DER]
Pena disciplinaria imposta pola Igrexa contra individuos que son plenamente responsables das súas faltas e que desenvolven unha conduta considerada como escandalosa con respecto aos preceptos relixiosos. As tres principais formas de censura son: a excomuñón, a suspensión e a prohibición.
-
-
s
f
Ditame ou xuízo emitido polo censor.
-
s
f
[PSIC]
Mecanismo de control do aparello psíquico que, segundo a psicanálise freudiana, selecciona os desexos inconscientes para impedir que algúns accedan á consciencia, se non están baixo unha forma substitutiva ou deformada que disimule o seu contido, como acontece nos soños.
-
censura de contas
[DER]
Órgano de xestión dos administradores das sociedades anónimas. Normalmente compóñeno dous accionistas que non son administradores, designados cada ano pola xunta xeral. A súa misión é o exame da contabilidade e os antecedentes contables para informar a xunta sobre a súa exactitude e veracidade. Nalgúns casos os censores deben ser censores xurados de contas.
-
moción de censura
[POLÍT]
oto emitido polos deputados dunha asemblea -en xeral a cámara baixa- coa intención de censurar o goberno e mostrar a súa disconformidade coa súa liña política. Se este voto acada a maioría, o goberno ten que pesentar a dimisión. A Constitución española de 1978 establece a moción de censura construtiva, que debe incluír a proposta dun candidato á presidencia do goberno.