Centenario, El
Centenario, El
Publicación editada en Santiago dende o 2 de maio de 1908 ata o 9 do mesmo mes e ano. Dirixida e editada por Armando Cotarelo Valledor, contou coa colaboración de López Ferreiro, Pérez Constanti, Sánchez Rivera, Eijo Garay, Manuel Ovilo Otero, Antonio García Queipo, Barcia Caballero e González Salgado. Saíu con motivo da celebración do centenario da Guerra de Independencia e incluía traballos relacionados con este evento.