centrífuga
(
-
s
f
[TECNOL]
Máquina destinada a centrifugar que consiste nun recipiente, xeralmente cilíndrico, que xira sobre un eixe, vertical ou horizontal, dentro dun corpo externo fixo. As centrífugas para filtrar ou escorrer (filtradoras ou escorredoras centrífugas) teñen a parte lateral do recipiente rotatorio (bombo) perforado para darlle paso ao líquido. Tanto a alimentación como a evacuación da materia filtrada ou escorrida, pode efectuarse de maneira intermitente ou continua. Noutros tipos de centrífugas, o líquido claro ou menos denso sae por un tubo axial e o líquido máis denso ou as partículas sólidas deposítanse no fondo (sedimentadores) ou son evacuadas de maneira continua por unha saída lateral próxima ao fondo (extractores, concentradores e separadores). As centrífugas de pratos constan de ata un centenar de discos metálicos moi delgados, de forma troncocónica, que ao xirar a alta velocidade, empurran o líquido máis denso cara a fóra. A ultracentrífuga utilízase nos laboratorios para separar por sedimentación as mostras contidas dentro dos tubos de ensaio.
-
s
f
[AERON]
Dispositivo que se emprega para simular as aceleracións producidas durante o lanzamento ou retorno dun vehículo espacial. Utilízase tanto para o adestramento dos astronautas como para comprobar o funcionamento dos vehículos espaciais.