centrifugación
centrifugación
(< centrifugar)
-
s
f
Acción e efecto de centrifugar.
-
s
f
[TECNOL]
Procedemento mecánico de separación dos compoñentes dunha mestura, de densidades ou tamaños diferentes, efectuado por medio dunha centrífuga. Emprégase en diversas operacións industriais, como a clarificación, a filtración, a separación de fluídos non miscibles ou decantación forzada, a extracción e a escorredura. É a operación básica dos aparellos para escorrer roupa, industriais ou domésticos. No laboratorio, emprégase principalmente para acelerar a filtración.