centro

centro

(

  1. s m
    1. Punto dunha cousa máis afastado da súa periferia, extremo ou superficie.

      Ex: O centro da Terra soporta temperaturas moi elevadas. As troitas atópanse no centro da corrente do río. Colocou a bandexa no centro da mesa.

      Sinónimos: núcleo.
    2. Lugar que nunha serie ten o mesmo número de cousas a un lado ca a outro.

      Ex: Colocouse no centro da fila para subir ó autobús.

    3. [HERÁLD]

      Unha das tres partes en que se divide un escudo e que ocupa o terzo medio do mesmo, a súa parte central.

      Sinónimos: abismo, corazón, corazón.
    1. s m

      Cousa ou punto no que converxen forzas e accións diversas ou do que irradian certas cousas.

    2. s m [MAT]

      Punto no que se cortan os eixes de simetría dunha figura xeométrica.

    3. centro de curvatura/centro instantáneo de rotación [FÍS]

      Punto no que concorren as normais á traxectoria dun punto material móbil, correspondentes a dous instantes de tempo moi próximos, t e t+dt. Neste instante t, pódese considerar que o movemento do punto é unha rotación ao redor deste centro instantáneo.

    4. centro de forzas [FÍS]

      Punto ao que se dirixen as forzas dun campo central.

    5. centro de gravidade [FÍS]

      Punto dun corpo no que se pode considerar que está concentrado o seu peso. Nun campo gravitatorio uniforme coincide co centro de masa.

    1. s m

      Lugar no que se concentra ou dende o que se dirixe unha determinada actividade.

      Ex: Vigo e A Coruña son dous centros pesqueiros moi importantes.

    2. s m [ANAT/FISIOL]

      Estrutura anatómica que dirixe ou coordina determinadas funcións, especialmente nerviosas. Os centros nerviosos, situados no encéfalo, na medula espiñal e nos ganglios simpáticos, están formados polos corpos celulares das neuronas. Hai centros nerviosos sensitivos, aos que chegan estímulos sensitivos periféricos; centros motores, que emiten impulsos que chegan a todo o sistema muscular; e centros simpáticos, nos ganglios simpáticos e agrupados xeralmente en plexos. No córtex cerebral hai centros destinados a funcións específicas de sensibilidade, de movemento, de coordinación, etc. No bulbo hai importantes centros reguladores das funcións vitais, e na medula hai centros dos que dependen movementos de determinados músculos.

    3. centro activo [BIOQ]

      Rexión do enzima ao que se une o substrato e que é responsable da súa transformación catalítica.

    4. centro cardiovascular / [ANAT/FISIOL]

      Cada unha das áreas do cerebro que controlan as constantes do sistema cardiovascular e que inflúen na frecuencia cardíaca. Realizan a súa acción por vía simpática e parasimpática ou por medio de hormonas.

    5. centro celular [BIOL]

      centrosoma.

    6. centro de asociación / [ANAT/FISIOL]

      Área do cerebro que enlaza a parte da codia cerebral que recibe os impulsos sensitivos primarios con outras partes do cerebro (memoria, áreas motoras, etc) de xeito que tamén organiza a resposta segundo a interpretación destes impulsos.

    7. centro diferenciador [BIOL]

      Rexión diferenciada do blastoderma dos embrións dos insectos, situada na parte que máis tarde corresponderá á rexión torácica anterior do embrión, formada por acción dunha substancia difusible proveniente do centro elaborador. Unha vez constituído, chega a ser o principal centro director do desenvolvemento e do crecemento do embrión. É equiparable ao centro organizador dos anfibios.

    8. centro formador [BIOL]

      Rexión citoplasmática do ovo dos insectos que nas etapas ulteriores de segmentación do ovo se converte no centro funcional que controla os inicios do desenvolvemento do embrión.

    9. centro organizador [BIOL]

      Zona marxinal da gástrula dos anfibios, correspondente ao campo cordamesoderma, que controla e dirixe toda a organización do embrión, mediante a produción de substancias indutoras.

    10. centro vasomotor / [ANAT/FISIOL]

      Parte do bulbo raquídeo que regula a presión sanguínea, controlando o calibre dos vasos sanguíneos por medio de nervios vasomotores.

    11. centro ventilatorio / [ANAT/FISIOL]

      Grupo de neuronas situadas no bulbo raquídeo que reaccionan ante o aumento de dióxido de carbono en sangue, aumentando a frecuencia respiratoria; deste xeito controlan o proceso de ventilación. Divídese en dous subcentros: un que controla a inspiración e outro que regula a espiración.

  2. [URBAN]
    1. s m

      Zona dunha poboación onde se concentra a máxima actividade dun determinado territorio, xeradora dos desprazamentos que alí converxen.

      Ex: O novo edificio está situado no actual centro de negocios da cidade.

      Confrontacións: núcleo.
    2. centro comercial

      Sector planificado e edificado, no contorno de galerías comerciais, que dispón dun certo número de locais de servicios (bares, restaurantes, sucursais bancarias, etc) e nalgunhas ocasións de salas de espectáculos.

    3. centro histórico

      Parte dunha cidade que constitúe o núcleo urbano anterior ás expansións urbanas iniciadas na segunda metade do s XIX. Presentan unha serie de trazos que os fan característicos (edificios antigos con valor histórico-artístico, rúas estreitas e irregulares, etc). Dende as primeiras teorizacións de Quatremère de Quincy ata a Carta de Amsterdam de 1975, as recomendacións do Consello de Europa encamiñáronse a potenciar a conservación integral dos centros históricos, frecuentemente deteriorados.

    4. centro urbano

      Área do interior dunha cidade, implicitamente delimitada na percepción colectiva, como aquela que identifica a súa personalidade. Nela desenvólvense as principais actividades administrativas, pois adoita acoller a localización das institucións locais e as delegacións das distintas administracións públicas. Dende un punto de vista urbanístico, exerce o papel de núcleo vertebrador do espacio urbano. Ademais, as rendas de localización adoitan ser no centro as máis elevadas de todo o conxunto urbano, feito que contribúe a perfilalo como o lugar no que radican os servicios máis especializados, de forma que as funcións industrial e residencial se deben desprazar a áreas máis periféricas, conforme avanza o proceso de desenvolvemento e crecemento da cidade. Por regra xeral, en Europa, os centros urbanos coinciden co núcleo histórico orixinario e cos primeiros ensanches do s XIX e principios do XX, como acontece no caso galego nas cidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense.

  3. s m

    Parte fundamental dalgunha cousa.

    Ex: A política interna é o centro do problema actual. O centro da súa exposición xira arredor da seguiridade laboral.

  4. s m
    1. Persoa ou cousa que atrae a atención ou o interese dos circunstantes.

      Ex: Sempre que hai unha reunión da empresa el é o centro de todas as miradas. Os cervos convertéronse no centro da visita ó zoo.

    2. Punto ou cousa ao que se dirixe dunha maneira constante os pensamentos ou as preocupacións de alguén.

      Ex: As discrepancias cos seus fillos son o centro das súas preocupacións.

  5. s m

    Organización ou institución con finalidades socioculturais, políticas, relixiosas, sanitarias, comerciais ou benéficas.

    Ex: Os centros galegos son organismos que difunden a cultura galega no mundo.

    1. s m

      Establecemento onde se desenvolve algún tipo de actividade.

      Ex: O centro cívico estaba ateigado de xente para a representación. Crearon un novo centro de educación o ano pasado.

    2. centro de recuperación [ECOL]

      Instalación destinada a acoller e sandar animais salvaxes que aparecen feridos ou que non poden valerse por si mesmos. A maior parte destes animais pertencen a especies protexidas e é frecuente a aparición de aves rapaces. As causas máis comúns para que un animal silvestre se manque son os tiros de escopeta, os choques contra cables de tendido eléctrico e animais acuáticos afectados pola contaminación e o petróleo. Mentres os animais permanecen no centro, procúrase que teñan o menor contacto co home para que non se afagan á súa presenza e deixen de temelo, xa que iso supón un futuro risco para a súa supervivencia. Unha vez que o animal se considera restablecido, reintrodúcese no medio de onde procedía. Se o animal xa curado se considera que non ten posibilidades de reinsertarse no medio natural, por ter amputado algún membro ou por clara ineficacia á hora de alimentarse, considérase non recuperable e pode empregarse en programas de cría en catividade. As crías obtidas nestes programas reinsértanse no lugar de procedencia dos pais ou en áreas onde se teña extinguido a especie, sempre e cando desapareceran as causas que motivaron este feito. En Galicia, os centros de recuperación da fauna silvestre, como os do Alto do Rodicio, Carballiño, Cotorredondo, O Veral e Santa Cruz e dependen da administración pública.

  6. s m [POLÍT]

    Partido que, no conxunto das tendencias políticas, se sitúa nunha posición intermedia entre a dereita e a esquerda.

    Ex: Os partidos da dereita tentan un achegamento ó centro.

  7. s m [DEP]

    Pase do móbil que, nos deportes colectivos de oposición, se executa dende unha banda do terreo de xogo cara ás posicións próximas á meta para rematar directamente.

  8. s m [BOT]

    Parte do talo dos zigomicetos de onde arrancan os sifóns do micelio.

  9. s m [ARQUIT]

    Circunferencia que forma un arco.

  10. centro aerodinámico [AERON]

    Punto no que se cumpre que o coeficiente dos momentos de cabeceo respecto a este punto é constante para unha gama de ángulos de ataque do perfil.

  11. centro coloreado [QUÍM]

    Defecto puntual dun cristal transparente, a consecuencia do que se produce unha absorción óptica local de bandas do espectro visible, que se manifesta por unha coloración do cristal. Preséntase en cristais formados por haloxenuros alcalinos.

  12. centro de acción [METEOR]
    1. Cada un dos grandes núcleos de presión superior (alta) ou inferior (baixa) á normal dun mapa meteorolóxico, obtidos facendo as medias dos mapas diúrnos durante períodos de cinco días nunha semana.

    2. Célula ciclónica ou anticiclónica que ten estreita relación coa circulación das capas altas da atmosfera e que presenta un carácter case permanente. Ten un importante papel mecánico director sobre a evolución do tempo nas rexións veciñas. Poden ser de carácter térmico, dinámico ou termodinámico. As primeiras débense ás características das masas de aire continentais e oceánicas, as segundas orixínanse coa chegada de masas de aire cunhas características térmicas diferentes ás existentes. Os que máis afectan a Galicia son a depresión de Islandia e o anticiclón dos Açores.

  13. centro de asimetría [QUÍM]

    Designación habitual do átomo de carbono asimétrico dunha molécula.

  14. centro de atracción [FÍS]

    Punto ao que se dirixe a forza exercida sobre unha partícula.

  15. centro de diferenciación [BIOL/XEOG]

    Área xeográfica a partir da que un taxon se diferenciou noutros taxons de categoría inferior (por exemplo, un xénero en especies).

  16. centro de desprazamento [FÍS]

    Centro de gravidade do fluído desprazado por un sólido que está somerxido nel total ou parcialmente. É o punto no que se aplica o desprazamento (ou forza ascensional) de Arquímedes.

  17. centro de masa/centro de inercia [FÍS]

    Para un sistema de N masas puntuais (de vectores de posición r i ,i=1,...N, respecto a unha orixe fixa pero arbitraria), punto determinado polo vector de posición R=[Σm i r i m i ], onde m i é a masa da i-ésima partícula. En ausencia de forzas exteriores, o centro de masa permanece nun movemento rectilíneo e uniforme.

  18. centro de mesa

    Recipiente artístico, adecuado para colocar nel calquera tipo de adorno, que se coloca nunha mesa.

  19. centro de orixe [BIOL/XEOG]

    Área xeográfica onde hipoteticamente se orixinou un taxon.

  20. centro de oscilación [FÍS]

    Punto dun péndulo físico, situado sobre a liña que une o punto de suspensión e o centro de masa, onde tería que concentrarse toda a masa para constituír un péndulo simple que oscilase co mesmo período que o péndulo físico en cuestión.

  21. centro de percusión [FÍS]

    Nun corpo atravesado por un eixe ao redor do que pode xirar, punto no que se pode percutir sen que se produza unha forza de reacción no pivote de soporte do eixe. Coincide co centro de oscilación.

  22. centro de presións [FÍS]

    Punto por onde pasa a resultante das presións que actúan sobre unha superficie.

  23. centro de simetría [FÍS]

    Punto tal que calquera recta que o atravesa, pasa por puntos equidistantes do centro a ambos os dous lados. O centro xera parellas de caras e arestas paralelas e opostas.

  24. centro de suspensión [FÍS]

    Intersección do eixe de rotación dun péndulo físico co plano perpendicular a este eixe, que pasa polo centro de masa do péndulo.

  25. centro óptico dunha lente [FÍS]

    Punto situado no interior dunha lente e sobre o seu eixe óptico, tal que todo raio que pasa por el provén dun raio incidente que refracta a lente, de tal maneira que o raio refractado que sae é paralelo ao incidente. O centro óptico O é a imaxe que do punto nodal obxecto N da lente dá a primeira superficie desta (ou dioptría de entrada); a imaxe de O dada pola segunda superficie da lente (ou dioptría de saída) é o punto nodal obxecto N’.