Centro Gallego

Centro Gallego

Publicación que saíu por primeira vez en Montevideo en decembro de 1930. Posteriormente, denominouse Revista del Centro Gallego, Galicia e Centro Gallego de Montevideo. Nesta primeira etapa editou 166 números e tres edicións extraordinarias. Malia que orixinalmente a revista se redactaba en castelán, recolleu nas súas páxinas textos en galego. Nun principio, Constantino Sánchez Mosquera dirixiu a publicación ata que xa nos últimos tres números foi relevado polo xornalista e poeta Xulio Sigüenza.