Centro Nacional de Nuevas Tendencias Escénicas
Centro Nacional de Nuevas Tendencias Escénicas
Compañía institucional creada en Madrid en 1984 polo Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales. Dependente do ministerio de Cultura estivo dirixida desde a súa fundación por Guillermo Heras, quen desenvolveu un amplo programa de actividades ata a desaparición da compañía, en 1993. Entre as súas iniciativas, destaca a renovación da escrita dramática a través de premios, de cursos e da posta en escena de espectáculos creados a partir de textos de novos autores, así como a realización de espectáculos con obras de dramaturgos significativos das novas correntes teatrais europeas e americanas. En Galicia participou na produción do espectáculo Caderno de Bitácora (1985), do Centro Dramático Galego.