Centro Portugués de Vigo
Centro Portugués de Vigo
Asociación fundada o 10 de novembro de 1927 por un grupo de residentes portugueses en Vigo. O seu obxectivo é divulgar a lingua e cultura portuguesas mediante a organización de diversos actos de promoción da música, das artes, do folclore e das relacións entre España e Portugal. Entre os seus proxectos, cómpre destacar a creación da primeira Cámara de Comercio Luso-Española e a organización das Primeiras Xornadas Galaico-Portuguesas. Entre os asistentes aos seus coloquios figuran cineastas, como Ernesto Sousa, autores, como Urbano Tavares Rodrigues, e intérpretes, como Mafalda Arnauth.